A 1°Regata kaiak de Mar Concello de Miño foi a última da tempada para o noso club, e resultou ser unha das máis esixentes do ano.
Miño recibiunos cun tempo frío e unhas ondas horribles na praia, que os nosos padexeiros tiveron que atravesar con valentía e lanzo para poder completar o percorrido.
Despois de unas cantas caídas, algún que outro barco roto e unha boa mojadura, os nosos deportistas gozaron dunha caldito ben quente, cortesía do club anfitrión, para recuperar os ánimos e a temperatura mentres aplaudían aos medallistas.
Os nosos mozos e mozas trouxéronse a casa medallas de ouro en K1 junior masculino e cadete feminino K1 e K2; de prata en cadetes mixto, K1 cadete maculino e K2 veterano B masculino; e bronce en K2 veterano B masculino.
Quedando o club na clasificación de final de tempada de primeiros na liga feminina, terceiros na masculina e segundos na liga mixta.