Alquiler Kayak con ou sen monitor
Reserva xa o teu kayak e fai unha una ruta con ou sen monitor.
Temos opciones para grupos e posibles rutas a convir.
Infórmate por teléfono no 675592330 ou por email no enderezo info@kayakvigo.es
Onde estamos
Podes acercarte a nosa sede do club a hora dun adestramento cando queiras:
A nosa historia
O Club Kaiak Vigo foi fundado en 2006. É un club deportivo cuxa principal misión é fomentar a práctica do piragüismo en todas as súas modalidades, incluíndo kaiak de mar, surfski, piragüismo de aguas tranquilas, travesía de río, etc.
En Kaiak Vigo amamos o noso deporte e coñecemos e gozamos a nosa privilexiada contorna na ría de Vigo. Queremos compartilo contigo dando cabida a deportistas de todas as idades e forma física, orientando as nosas actividades principalmente á competición, pero sen esquecernos nunca dos aspectos máis lúdicos de ir en kaiak. Ademais, poñemos especial coidado na iniciación e promoción entre os máis pequenos, porque o deporte basee é o futuro.
Síguenos
KVig-Bay Ocean Race | III Copa de España de KDM
O próximo 2 e 3 de xullo temos o orgullo de celebrar e ser os anfitrións da KVig- Bay Ocean Race, que será a II Copa de España de Kaiak De Mar, ademais de puntuar para a liga Galega de KDM e ser clasificatoria para o Campionato de Europa de KDM. Esperamos vervos, xa sexa entre o público ou sobre unha piragua, nesta competición na que se reunirán padeeiras de toda España.
Tedes toda a información na web da regata.
#KVigBayOceanRace #IIICopadeEspañaKDM #KayakVigo #deputaciondepontevedra #ConcellodeVigo #XuntadeGalicia #piragüismo #surfski #mar #bouzas #deportegalego