Actividades

No Club Kaiak Vigo os máis pequenos pódense divertir aprendendo a técnica dun deporte estimulante e diverso, á vez que fan novos amigos.

Tratamos de tocar todas as variedades de piragüismo que están ao noso alcance, así que connosco poderás sucar os mares nun estable e manexable kaiak de mar tradicional ou ben animarche a viaxar coas ondas a velocidades de vertixe nos estreitos surfskis cando o tempo acompaña para un downwind.

Tamén poderás realizar travesías de distintas distancias en piragua a través dos remansos ou, se es máis aventureiro, dos rápidos dos ríos. E se che gusta a competición esixente, e tes suficiente forza e equilibrio, podes animarche a loitar polo ouro nos campos de regatas de pista, armado das piraguas máis estreitas, lixeiras e rápidas.

Ademais, se tes dúbidas ou se só queres pasarche a dar unha volta, tamén alugamos piraguas autovaciables.