O pasado sábado disputouse en Verducido —no Encoro de Pontillón do Castro— o Campionato Gállego de Inverno de 5000 m.
Os nosos padexeiros, desexosos de competir, fóronse armados de piragüa e pa para dalo todo nas ventosas augas de Verducido.
Pola mañá contamos coa participación de Gaila Clavo , Saskia Freitag e Pablo Álvarez como xuvenís, e Ana Abreu e Alberte Gil como sub-23. Os nosos mozos e mozas fixérono fenomenal nunhas categorías moi competitivas e nunhas condicións duras, pero sobre todo pasárono xenial. Parabéns moz@s!
Pola tarde tocounos a quenda aos veteranos Emilio López, Pablo Abreu, Nacho Clavo, Ricardo Fernández, Celes García, Modes Vázquez, Mónica Pérez, Rosa Barros e Yaiza Iglesias. Os resultados foron fantásticos, quedando o club de primeiro na categoría de mulleres veteranas. Destacamos as dúas medallas de ouro das nosas padexeiras Rous Barros, en veteranas 50/54 e Yaiza Iglesias en veteranas 35-40.
É un pracer e un orgullo esforzarse na auga xuntos!