Campionato Galego de Pista de Veteranos 2020

Empezamos setembro no Trofeo Internacional Concello de Vigo Kayak de Mar 2020, baixo un sol de xustiza pelexándonos coas ondas entre a ETEA e San Simón. o bo humor, as elevadas temperaturas e os bos resultados marcaron esta regata e o Kayak Vigo levou para casa 5 ouros, 2 pratas, 2 bronces e o terceiro posto a clasificación masculina, o segundo na feminina e o primeiro na mixta por clubs.

Aínda que non todo vai ser kayak de mar, así que as nosas mulleres máis intrépidas atrevéronse este ano a competir no Campionato Galego de Pista de Veteranos.

A pesar de que a maioría non non acumulaban moitas horas de adestramento nestas modalidades e a pesar dos nervios ao enfrontarse, nalgúns casos por primeira vez, ás explosivas carreiras de pista, as mozas do club conseguiron levar algunhas medallas, algúns puntos e moitos sorrisos, aínda que algunhas veces estivesen tapados polas omnipresentes máscaras.

As nosas valquirias do kayak competiron en K1, K2 e tamén en K4, modalidade á que lle colleron moito agarimo en moi pouco tempo e en como no resto de categorías, están xa desexando adestrar máis para poder competir en novas prazas.