Festa do Club 2021

No último post sinalabamos o inicio da nova tempada para o Club Kayak Vigo e como non pode ser doutra maneira, non hai unha nova tempada sen que a acompañe unha Festa do Club.

A mañá e a tarde deste sábado compartimos unha divertidísima xornada de confraternización, cos xogos nos barcos máis estables para os pequenos e as probas dos barcos máis díficiles para todos aqueles dispostos nunha xornada de portas abertas na que todo o que se achega pode vir probar un pouco de como é isto de facer piragüismo.

Os máis atrevidos divertíronse ademais na banana, que deixou tras de se un bo número de caras de velocidade e non menos mergullos.

A xornada continuou ao mediodía e principio da tarde cunha enchente cos padeeiros e familias.

Desde Kayak Vigo damos as grazas a todas as familias polo agarimo e a axuda, xa que sen vós isto non sería posible.