V Competición Liga Provincial de Pontevedra

Hoxe (02/10/2021) os máis pequenos do Club, estiveron en Verducido na última regata da tempada. Estes peques teñen un humor inmellorable e unha enerxía inesgotable e son a ilusión do club.

Estamos súper orgullosos e contentos cos resultados que obtubieron, quedando de quintos na clasificación por Clubs. Felicitacións aos nosos tres medallistas:

Ouro para Inés de la Fuente
Bronce para Sofía Carrera
Bronce para Gonzalo Carrera

Parabén a todos, polos magníficos resultados desta tempada e a descansar estes días para comezar con forza a seguinte.