IV Ocean Race Cidade da Coruña

Este fin de semana Kaiak Vigo, Campión absoluto en Coruña.

Esta Ocean Race foi unha regata de 10km, desde Riazor ata Oza, cun mar de fondo de metro e medio e pouco vento a favor, aínda que nunha contorna inmellorable, coa Torre de hércules como testemuña.

O noso club conseguiu facerse coa vitoria absoluta da competición grazas ao esforzo dos seus padexeiros.