Campionato de España de Kayak de Mar en Castellón

Esta fin de semana (04-05/09/2021), celebrouse en Castellón o Campionato de España de Kayak de Mar. Un evento no que participaron máis de 52 Clubs e 500 padexeiros; 24 deles eran dos nosos.

Foi unha fin de semana esgotadora a máis de 1000 km de casa, baixo un sol de xustiza, padexando nunha auga sufocante e sen vento; con todo, a pesar da incomodidade do tempo ao que non estamos afeitos, foi unha regata espectacular cun ambiente inmellorable e unha preciosa e moi produtiva experiencia para os nosos infantís e cadetes.

Estamos enormemente agradecidos polos ánimos, felicitacións e o acollemento do RCN de Castellón (especialmente a Jorge Cinto Humbria polo agarimo co que nos tratou).

E por suposto estamos orgullosísimos dos nosos resultados (temos uns cadetes que son de ouro):

1 er posto Liga Nacional de KDM Cadetes Masculino.
1 er posto Liga Nacional de KDM Cadete feminino.
3 er posto Liga Nacional de KDM Senior feminino.

6º posto absoluto no Campionato de España. 4° posto absoluto na liga Nacional de KDM.

Parabéns a todos os padexeiros e aos pais por todo o seu esforzo e poder levar a cabo todas estas experiencias, que nos axudan a mellorar día a día enriquecendo aos nosos nenos con estas gratificantes vivencias.