Despois de que os nosos xuvenís e adultos competisen no Descenso Internacional do Miño, no que as mozas conseguiron, co seu esforzo, facerse con algunha medalla e os mozos obtiveron bos resultados, tocoulles a quenda aos nosos cativos do club.
Os nosos nenos están cheos de enerxía e de sorrisos que nunca se esgotan. Deixaron un puñado de bos resultados para o club, cun bo padexeo nos K1 e K2 e unhas fantásticas actuacións nos dous K4.