Este fin de semana Kayak Vigo foi representado na Madeira Ocean Challenge. A regata percorreu un total de 24 km desde Caniçal ata Funchal. Os nosos padexeiros víronse impulsados por un vento forte e as potetentes ondas de mar de fondo do atlántico nun downwind divertido e á vez moi esixente, que puxo a proba… Seguir lendo Madeira Ocean Challenge 2021
Categoría: Ocean Race
IV Ocean Race Cidade da Coruña
Este fin de semana Kaiak Vigo, Campión absoluto en Coruña. Esta Ocean Race foi unha regata de 10km, desde Riazor ata Oza, cun mar de fondo de metro e medio e pouco vento a favor, aínda que nunha contorna inmellorable, coa Torre de hércules como testemuña. O noso club conseguiu facerse coa vitoria absoluta da… Seguir lendo IV Ocean Race Cidade da Coruña
Que ganas de competir!
Hoxe lembramos antigas competicións nas que gozamos como nenos… Como botamos de menos os nervios e a intensidade da saída! A sensación das ondas dándonos o impulso para chegar á meta! E o merecido descanso e o bo comer entre amigos que vén despois. Esperemos que pronto comecen e poder vernos todos xuntos outra vez,… Seguir lendo Que ganas de competir!
VII A Lanzada Ocean Race 2020
Este ano nosa querida A Lanzada Ocean Race foi un tanto distinta debido ao protocolo de seguridade para a COVID, pero igual de intensa e esixente que sempre. Foi ademais unha edición especialmente emotiva homenaxeando ao noso compañeiro e amigo Nacho Dobarro. As condicións da regata foron máis esixentes do normal, nunha regata que xa… Seguir lendo VII A Lanzada Ocean Race 2020
Ocean Race Cidade da Coruña – Cto Galego Kayak Mar 2020
Continuando coa intensa fin de semana de piragüismo, tras competir no Campionato Galego de pista o día anterior, os nosos padexeiros desprazáronse ata A Coruña para disputar a Ocean Race Cidade dá Coruña. Este evento vale a pena por moitos motivos e aínda que en Riazor a auga está moi fría, é un pequeno prezo… Seguir lendo Ocean Race Cidade da Coruña – Cto Galego Kayak Mar 2020