Despois dun par de semanas de vacacións, empezamos a nova tempada cunha charla do adestrador Celes para os mozos do club e revisión do material para empezar unha semana que será tranquila nos adestramentos para aclimatarse de novo.
Todos os padexeiros de Kayak Vigo estaban a desexar volver á auga despois do parón vacacional, sobre todo os nosos «peques», que empezaron a nova tempada coas mesmas ganas que sempre.