Pechamos a tempada na axitada praia de Miño ao grande cun final inmellorable, facéndonos co trofeo de campións absolutos do Campionato Galego de KDM.
Parabén a todos todos os nosos padexeiros. O duro traballo desta tempada tivo unha magnífica recompensa.
Moitas grazas a todos polo esforzo, polos ánimos e o excelente compañeirismo que demostrades en cada unha das regatas. Somos un orgullo de Club e exudamos unha enerxía e unhas boas vibracións que son envexables. Grazas tamén ás familias dos nosos nenos por estar sempre aí.