Este ano nosa querida A Lanzada Ocean Race foi un tanto distinta debido ao protocolo de seguridade para a COVID, pero igual de intensa e esixente que sempre. Foi ademais unha edición especialmente emotiva homenaxeando ao noso compañeiro e amigo Nacho Dobarro.
As condicións da regata foron máis esixentes do normal, nunha regata que xa de seu sempre fai sacar o mellor dos participantes. A praia da Lanzada recibiunos cun forte vento de fronte e as atemporales ondas que a caracterizan. As condicións adversas pola intensidade do vento impediron realizar o percorrido planificado incialmente e aínda así, moitos dos participantes non conseguiron vencer ás ondas e terminar a regata.
O Club Kaiak Vigo conseguiu, como sempre, levar para casa algunhas medallas e trofeos: bronce en SS1 veterano masculino, ouro en SS1 senior sub23 masculino, prata en SS2 senior masculino e o primeiro posto no Trofeo por clubs a regata.