Hoxe (26/09/2021) estivemos en Ourense no descenso do Miño, con 25 clubs participantes e un gran número de padexeiros.
Os homes senior e veteranos cun percorrido de 17 km desde Os Peares e as mulleres e cadetes coa saída desde Barra de Miño percorrendo unha distancia de 7km.
Kayak Vigo conseguiu traerse a casa algunhas medallas das que estamos moi orgullosos:
Prata para Amalia Bourgoin Pérez
Bronce para Hugo Hugo Pérez Cadeas
Bronce para Yaiza Iglesias e Modesta Vázquez
Destacamos a oitava posición de Lena Caballero Uthoff, na que foi a súa última regata en España e connosco: Desde o club desexámosvos a ti e a túa familia un bo regreso a Colorado, Lena. Estamos encantados de compartir estes dous anos convosco. Boa Viaxe!!
E ao resto de padexeiros: grazas polo esforzo e parabéns a todos.